A nosa pedagoxía
O proxecto fundaméntase nunha concepción educativa que fomenta o desenvolvemento integral de cada persoa, alentándoos a explorar e comprender o mundo que os rodea mentres valoran as súas propias capacidades internas.
No noso enfoque pedagóxico, incorporamos elementos compartidos por diversas correntes educativas, como as Escolas na Natureza, o enfoque Reggio Emilia, Montessori e Waldorf.
En todas estas perspectivas, destacamos o respecto pola sabedoría innata da infancia, a súa capacidade creativa e o seu desexo intrínseco de explorar e comprender o mundo con autonomía. A partir da nosa experiencia profesional e formación, reflexionamos sobre os aspectos máis enriquecedores destas pedagoxías activas, adaptándoos e redefiníndoos para crear unha novo paradigma educativo.

xogo libre
É un dereito das crianzas medrar tocando, sentindo, correndo, saltando nos charcos, construindo cabanas, xogando libremente.

Aprendizaxe autodirixido
Onde as crianzas teñen a liberdade de explorar e descubrir o mundo ao seu propio ritmo. A través de actividades guiadas pola súa curiosidade e motivación, promovemos un ambiente onde desenvolver a creatividade, confianza e a resolución de problemas.

Acompañamento respeCtuoso
Acompañados dende o respecto á autonomía e ós diversos ritmos de desenvolvemento de cada neno e nena, validando emocións, adaptando espazos, tempos e rutinas.

Unha aula na natureza
A natureza é o lugar onde pasamos a maior parte da xornada. A nosa aula ao descuberto ofrécenos experiencias insubstituíbles e moi dificilmente realizables noutras contornas. Variedade, cantidade, recursos ilimitados. Cada día é diferente e o que deixamos un día, atopámolo cambiado á mañá seguinte.

Conexión coa natureza
Que en Nenea a xornada teña lugar no bosque fai que este sexa o principal espazo de referencia para os nenos e nenas. Nutre o seu benestar emocional e físico, promovendo un sentido de pertenza e coidado cara á nosa contorna.

Aprendizaxe vivencial
As nenas e nenos aprenden activamente, por descubrimento. Somos seres naturáis e necesitamos estar en contacto coa natureza de forma directa, para descubrila, comprender os seus ciclos, o paso do tiempo, a vida e tamén a morte.

Flexibilidade E adaptabilidade
Flexibilidade e adaptabilidade son esenciais na nosa abordaxe educativa. A través da atención ás necesidades e motivacións dos nenos e nenas promovemos unha aprendizaxe significativa e enriquecedora, na que cada quen pode desenvolverse plenamente.
Queres saber máis sobre o proxecto?
Chámanos ou escríbenos para concertar una cita e ven coñecernos