O equipo de Nenea
Presentámonos para que nos coñezades un pouco máis. Aquí tedes a un equipo diverso, grandes aprendices de mundos diversos como o da arte, o da natureza, da pedagoxía, da educación infantil, do acompañamento respectuoso, dos xogos, das cantigas, dos paus e dos charcos. Compañeiras neste proxecto de vida, seguimos medrando xuntas, compartindo toda a nosa experiencia para aprender da infancia.

Bibiana Marful Castañal
Licenciada en Pedagoxía, especialista en educación infantil con máis de 20 anos de experiencia acompañando á infancia. Formación en pedagoxía Waldorf, Montessori, acompañamento respectuoso, terapias asistidas con animais, pedagoxía na natureza e pedagoxía musical entre outras.
“A natureza da a cada quen, o que cada quen necesita” con este convencemento, e tras anos como docente de infantil en aulas con teito e paredes, comezo en 2014 o desenvolvemento do proxecto pedagóxico de Nenea, buscando vencellar infancia e natureza, propiciar o xogo libre nunha contorna natural, darlle a nenas e nenos un acompañamento axeitado e sobre todo un lugar onde crear lembranzas felices. Dez anos despois sigo abraiándome co que vivimos cada día nos nosos bosques.
EXPERIENCIA PROFESIONAL
- Docente de 1º Ciclo de E.I. Punto de atención a la infancia. PAI. Mondoñedo
- Titora de Educación Infantil. 1º e 2º Ciclo. Colexio Fingoi. Lugo
- Cofundadora da Asociación Nacional de Educación na Natureza.
- Fundadora e coordinadora pedagóxica do proxecto de “Escola na Natureza” Nenea, medrar creando
- Titora do Grao de Educación Infantil, na UNED
- Docente en formacións específicas de Educación na Natureza
- Asesora de proxectos educativos en todo o territorio nacional.
FORMACIÓN ACADÉMICA
- Licenciada en Pedagoxía e Cc da educación, especialidade de Intervención Sociocomunitaria
- Técnica Superior en Educación Infantil
- Técnica en Intervencións Asistidas con Animáis
- Técnica Auxiliar en Escolas Infantís
- Directora de Actividades de Tempo Libre
- Monitora especialista en Natureza
OUTRAS FORMACIÓNS
- Formación en pedagoxía Montessori
- Formación en pedagoxía Waldorf
- Formación en Educación na Natureza e Pedagoxía Bosquescuela
- Formación en musicopedagoxía
- Formación en acompañamiento respectuoso
- Formación en primeiros auxilios pediátricos

SILVIA LÓPEZ CABANAS
Técnica Superior en Educación Infantil, Técnica Superior en Animación Sociocultural, Ocio e Tempo Libre con máis de 20 anos de experiencia acompañando distintos aspectos do desenvolvemento infantil. Formacións en Educación na Natureza, acompañamento respectuoso, arte, educación e biodiversidade para educadores, e intelixencia emocional entre outras.
Dinme moitas persoas que son “un ser de luz”. Pode quedar moi fachendoso decilo así pero sí sei que todo canto fago é co respecto máis absoluto e con moito amor. Que confío plenamente nas persoas que me rodean e que vou topando no camiño e quero pensar que iso sí me aporta toda a vitalidade e enerxía que desprendo e que intento contaxiar diariamente.
Ama intensamente: A ti mesma, o que fas, de quen te rodeas e o teu “gran fogar”: a Natureza
EXPERIENCIA PROFESIONAL
- Animadora Sociocultural na Cruz Vermella da Estrada.
- Xerente empresa Emocionarte, Animación, Lecer e Eventos.
- Monitora en Granxa Escola, centro de lecer e actividades. Antas de Ulla. Lugo
- Monitora Grupo Vitae. Lugo. Actividades cognitivas e mantemento.
- Técnico en Educación Infantil en Escola infantil Municipal de Palas de Rey.
- Creación asociación educativa Emocionate, sentir e crear. Educación na Natureza.
- Coordinadora no Grupo de xogo na natureza Nenea
FORMACIÓN ACADÉMICA
- Técnico Superior en Animación Sociocultural, lecer e tempo libre.
- IES Xograr Afonso XII. Sarria
- Técnico Superior en Educación Infantil.
- Instituto Politécnico de Lugo
OUTRAS FORMACIÓNS
- Módulo de sensibilización ambiental
- Curso de Primeiros Auxilios. – Principios xerais en primeiros auxilios.
- Curso de Xestión Cultural. Desenvolvemento de proxectos culturais no ámbito das artes escénicas.
- Curso Atención Temperá.
- Curso A Intelixencia Emocional na Etapa Infantil.
- Curso de Arte, Educación e Biodiversidade para educadores.
- Curso Nacional Educación na Natureza.
- Curso Disciplina Positiva
María Mayorga Martín
Diplomada en Educación Social con case 20 anos de experiencia coa infancia. Creadora do proxecto In Natura; asesora pedagóxica, formadora de docentes e familias. Cofundadora da Asociación Nacional de Educación na Natureza (EdNa) e da Rede Internacional de Aprendizaxe ao aire libre. Formada en pedagoxía Waldorf e en Educación na Natureza. Autora de artigos e do libro Contos con Corazón e moita Natureza.

EXPERIENCIA PROFESIONAL
- Coordinadora de educación ambiental en empresa de lecer e educación non formal
- Creadora do proxecto In Natura (infancia e natureza)
- Cofundadora da Asociación Nacional EdNa
- Acompañante en proxectos de educación na natureza.
- Cofundadora da Rede Internacional RIAAL xunto a México.
- Autora de artigos de divulgación e do libro “Contos con Corazón e moita Natureza”
- Docente en formacións específicas sobre temas curriculares, educación na natureza e pedagoxía ao aire libre.
- Asesora pedagóxica a proxectos educativos de territorio nacional.
- Relatora en ciclos, conferencias e seminarios nacionais e internacionais.
FORMACIÓN ACADÉMICA
- Diplomada en Educación Social pola Universidade UNED.
- Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid.
- Curso Superior “A Natureza como escenario de Aprendizaxe” pola Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.
- Formadora de formadores en educación non formal.
- Coordinadora de Lecer e Tempo Libre.
- Curso especialización en tempo libre e persoas con discapacidade sensorial.
- Monitora de Lecer e Tempo Libre.
- Líder certificado de Risoterapia e Ioga da Risa.
OUTRAS FORMACIÓNS
- Formación en Bosquescuela e en Pedagoxía na natureza.
- Formación en Técnicas de Bushcraft.
- Formación en Pedagoxía Waldorf.
- Formación en acompañamento respectuoso.
- Formación en Primeiros Auxilios en bebés e infancia.
- Formación como educadora familiar.
En 2012 e, co propósito de conectar infancia e natureza, realizo unha viaxe de investigación por Alemaña, Reino Unido e Escocia para profundar nos principios e metodoloxía das forest schools e os waldkindergarten. Esta viaxe confírmame a importancia e improntal da natureza no benestar da infancia e na súa propia aprendizaxe. Desde entón o meu camiño profesional enmárcase ao aire libre, en espazos e contextos naturais onde se desenvolve a aprendizaxe, a saúde e o benestar emocional.
Queres saber máis sobre o proxecto?
Chámanos ou escríbenos para concertar una cita e ven coñecernos