As nosas formacións
En Nenea, estamos totalmente comprometidas coa revolución educativa que trae consigo a natureza e apaixoanos difundir as vantaxes de levar a aprendizaxe fóra das aulas tradicionais e compartir toda a nosa experiencia neste aspecto.
Por iso ofrecemos unha variedade de oportunidades de formación e desenvolvemento profesional para estudantes, familias, profesionais da educación e acompañantes da infancia e para quenes teñan interese na educación ao aire libre, o acompañamento respectuoso, e a maxia dos procesos de aprendizaxe das crianzas.

CHARLAS INSPIRADORAS
Levamos as nosas experiencias e coñecementos a distintos organismos, como universidades e centros de formación profesional, para compartir a nosa paixón e visión sobre a educación ao aire libre.

Cursos de Fin de semana
Ofrecemos cursos intensivos de fin de semana deseñados para brindar habilidades prácticas e teóricas sobre a implementación da educación ao aire libre en diversos contextos educativos.

Obradoiros Dinámicos
Participa nos nosos obradoiros participativos, onde poderás explorar técnicas innovadoras e recursos creativos para enriquecer as túas prácticas educativas ao aire libre.

Visitas Pedagóxicas
Organizamos visitas guiadas ao noso proxecto, onde poderás coñecer de preto as nosas metodoloxías, recursos e espazos deseñados para a aprendizaxe na natureza. Tamén poderás realizar estadías de observación titorizadas.

Asesoramentos Personalizados
Ofrecemos asesoramento individualizado a centros educativos interesados en integrar a educación ao aire libre no seu currículo e prácticas pedagóxicas.

Formacións con especialistas
Formacións con especialistas do ámbito da infancia e a natureza, como Tinus Wijnakker de Alavida, María Mayorga InNatura, Patri Puga (Amalgama Silvestre), Bushcraftschool…
Únete á comunidade da Escola de Formación Nenea e se parte desta emocionante revolución na educación na natureza!








Queres saber máis sobre o proxecto?
Chámanos ou escríbenos para concertar una cita e ven coñecernos