O equipo de Nenea
Presentámonos para que nos coñezades un pouco máis. Aquí tedes a un equipo diverso, grandes aprendices de mundos diversos como o da arte, o da natureza, da pedagoxía, da educación infantil, do acompañamento respectuoso, dos xogos, das cantigas, dos paus e dos charcos. Compañeiras neste proxecto de vida, seguimos medrando xuntas, compartindo toda a nosa experiencia para aprender da infancia.

Bibiana Marful Castañal
Licenciada en Pedagoxía, especialista en educación infantil con máis de 20 anos de experiencia acompañando á infancia. Formación en pedagoxía Waldorf, Montessori, acompañamento respectuoso, terapias asistidas con animais, pedagoxía na natureza e pedagoxía musical entre outras.
“A natureza da a cada quen, o que cada quen necesita” con este convencemento, e tras anos como docente de infantil en aulas con teito e paredes, comezo en 2014 o desenvolvemento do proxecto pedagóxico de Nenea, buscando vencellar infancia e natureza, propiciar o xogo libre nunha contorna natural, darlle a nenas e nenos un acompañamento axeitado e sobre todo un lugar onde crear lembranzas felices. Dez anos despois sigo abraiándome co que vivimos cada día nos nosos bosques.
EXPERIENCIA PROFESIONAL
- Docente de 1º Ciclo de E.I. Punto de atención a la infancia. PAI. Mondoñedo
- Titora de Educación Infantil. 1º e 2º Ciclo. Colexio Fingoi. Lugo
- Cofundadora da Asociación Nacional de Educación na Natureza.
- Fundadora e coordinadora pedagóxica do proxecto de “Escola na Natureza” Nenea, medrar creando
- Titora do Grao de Educación Infantil, na UNED
- Docente en formacións específicas de Educación na Natureza
- Asesora de proxectos educativos en todo o territorio nacional.
FORMACIÓN ACADÉMICA
- Licenciada en Pedagoxía e Cc da educación, especialidade de Intervención Sociocomunitaria
- Técnica Superior en Educación Infantil
- Técnica en Intervencións Asistidas con Animáis
- Técnica Auxiliar en Escolas Infantís
- Directora de Actividades de Tempo Libre
- Monitora especialista en Natureza
OUTRAS FORMACIÓNS
- Formación en pedagoxía Montessori
- Formación en pedagoxía Waldorf
- Formación en Educación na Natureza e Pedagoxía Bosquescuela
- Formación en musicopedagoxía
- Formación en acompañamiento respectuoso
- Formación en primeiros auxilios pediátricos
CARMEN FUENTESECA ANSEDE
Mestra de educación infantil con Master en Dirección de Actividades Educativas na Natureza. Especialización en acompañamento respectuoso. Formación en diversas metodoloxías activas que vencellan natureza e desenvolvemento autónomo da infancia. Formadora de docentes e familias, especializada en periodos de vencello.

EXPERIENCIA PROFESIONAL
- Acompañante na Escola na Natureza Nenea, medrar creando
- Practicum (Grado e Máster)
ESPAÑA
Aulas: 3º ed. infantil, 4º ed. infantil, aula hospitalaria (ed. Infantil – ed. secundaria),
Escola na Naturea (3-6).
AUSTRIA
Aulas: 6º ed. primaria, 2º ed. secundaria
FORMACIÓN ACADÉMICA
- Máster en Dirección de Actividades Educativas en la Naturaleza
- Grado en Maestra/o en Educación InfantiL
- Ciclo Superior en Estética Integral
OUTRAS FORMACIÓNS
- 3º Congreso Mundial de Educación EDUCA 2020
- Pedagogía activa: Acompañar a niñas y niños.
- Sexualidad Infantil. Rocío Martín Océano
- Formación Montessori
- La Mediación Intercultural en el ámbito escola
- I Curso de Educación Emocional. Xogar, sentir e medrar.
- O crecemento emocional na infancia dende unha perspectiva sistémica
- Soporte vital básico
Ter a oportunidade de crecer nunha escola onde as crianzas sexan respectadas debería ser ineludible; onde non se separe por idades e esa diferenza sexa riqueza; unha escola na que poder sentir os ritmos naturais e ser capaces de axustarnos ao medio do que somos hóspedes, respectando a todos os seres que habitan o planeta. Un lugar que me fai revivir a miña infancia e as miñas tortas de chocolate e amorodo con terra e ladrillo. Afortunadamente, non é unha utopía. Forma parte de Nenea, configura a vida, e é unha forma de agradecerlle á Nai Terra o que tanto nos ofrece.

SILVIA LÓPEZ CABANAS
Técnica Superior en Educación Infantil, Técnica Superior en Animación Sociocultural, Ocio e Tempo Libre con máis de 20 anos de experiencia acompañando distintos aspectos do desenvolvemento infantil. Formacións en Educación na Natureza, acompañamento respectuoso, arte, educación e biodiversidade para educadores, e intelixencia emocional entre outras.
Dinme moitas persoas que son “un ser de luz”. Pode quedar moi fachendoso decilo así pero sí sei que todo canto fago é co respecto máis absoluto e con moito amor. Que confío plenamente nas persoas que me rodean e que vou topando no camiño e quero pensar que iso sí me aporta toda a vitalidade e enerxía que desprendo e que intento contaxiar diariamente.
Ama intensamente: A ti mesma, o que fas, de quen te rodeas e o teu “gran fogar”: a Natureza
EXPERIENCIA PROFESIONAL
- Animadora Sociocultural na Cruz Vermella da Estrada.
- Xerente empresa Emocionarte, Animación, Lecer e Eventos.
- Monitora en Granxa Escola, centro de lecer e actividades. Antas de Ulla. Lugo
- Monitora Grupo Vitae. Lugo. Actividades cognitivas e mantemento.
- Técnico en Educación Infantil en Escola infantil Municipal de Palas de Rey.
- Creación asociación educativa Emocionate, sentir e crear. Educación na Natureza.
- Coordinadora no Grupo de xogo na natureza Nenea
FORMACIÓN ACADÉMICA
- Técnico Superior en Animación Sociocultural, lecer e tempo libre.
- IES Xograr Afonso XII. Sarria
- Técnico Superior en Educación Infantil.
- Instituto Politécnico de Lugo
OUTRAS FORMACIÓNS
- Módulo de sensibilización ambiental
- Curso de Primeiros Auxilios. – Principios xerais en primeiros auxilios.
- Curso de Xestión Cultural. Desenvolvemento de proxectos culturais no ámbito das artes escénicas.
- Curso Atención Temperá.
- Curso A Intelixencia Emocional na Etapa Infantil.
- Curso de Arte, Educación e Biodiversidade para educadores.
- Curso Nacional Educación na Natureza.
- Curso Disciplina Positiva
María Mayorga Martín
Diplomada en Educación Social con case 20 anos de experiencia coa infancia. Creadora do proxecto In Natura; asesora pedagóxica, formadora de docentes e familias. Cofundadora da Asociación Nacional de Educación na Natureza (EdNa) e da Rede Internacional de Aprendizaxe ao aire libre. Formada en pedagoxía Waldorf e en Educación na Natureza. Autora de artigos e do libro Contos con Corazón e moita Natureza.

EXPERIENCIA PROFESIONAL
- Coordinadora de educación ambiental en empresa de lecer e educación non formal
- Creadora do proxecto In Natura (infancia e natureza)
- Cofundadora da Asociación Nacional EdNa
- Acompañante en proxectos de educación na natureza.
- Cofundadora da Rede Internacional RIAAL xunto a México.
- Autora de artigos de divulgación e do libro “Contos con Corazón e moita Natureza”
- Docente en formacións específicas sobre temas curriculares, educación na natureza e pedagoxía ao aire libre.
- Asesora pedagóxica a proxectos educativos de territorio nacional.
- Relatora en ciclos, conferencias e seminarios nacionais e internacionais.
FORMACIÓN ACADÉMICA
- Diplomada en Educación Social pola Universidade UNED.
- Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid.
- Curso Superior “A Natureza como escenario de Aprendizaxe” pola Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.
- Formadora de formadores en educación non formal.
- Coordinadora de Lecer e Tempo Libre.
- Curso especialización en tempo libre e persoas con discapacidade sensorial.
- Monitora de Lecer e Tempo Libre.
- Líder certificado de Risoterapia e Ioga da Risa.
OUTRAS FORMACIÓNS
- Formación en Bosquescuela e en Pedagoxía na natureza.
- Formación en Técnicas de Bushcraft.
- Formación en Pedagoxía Waldorf.
- Formación en acompañamento respectuoso.
- Formación en Primeiros Auxilios en bebés e infancia.
- Formación como educadora familiar.
En 2012 e, co propósito de conectar infancia e natureza, realizo unha viaxe de investigación por Alemaña, Reino Unido e Escocia para profundar nos principios e metodoloxía das forest schools e os waldkindergarten. Esta viaxe confírmame a importancia e improntal da natureza no benestar da infancia e na súa propia aprendizaxe. Desde entón o meu camiño profesional enmárcase ao aire libre, en espazos e contextos naturais onde se desenvolve a aprendizaxe, a saúde e o benestar emocional.
Queres saber máis sobre o proxecto?
Chámanos ou escríbenos para concertar una cita e ven coñecernos