Grupo de xogo na Natureza Neneando
Unha opción de xogo na natureza en horario non lectivo, para que as crianzas poidan beneficiarse das vantaxes da educación na natureza, coñezan a súa contorna e vivencien as aventuras que nos proporcionan os bosques de Nenea, en grupo reducido e con profesionais especializadas.

actividades extraescolares polas tardes
Neneando polas tardes
Grupo de xogo das tardes que desenvolve a meirande parte da súa actividade nós bosques de Nenea. Un concepto innovador de actividade extraescolar na que as crianzas poden gozar de diferentes obradoiros, excursións, xincanas e xogo libre, nos bosques de Nenea, nun ambiente respectuoso. Para nenos e nenas de 3 a 9 anos en horario de 16.00 a 19.00.
campamentos en verán, semana santa e nadal
Campamentos Nenea
O grupo de xogo coordina as actividades de ocio educativo para nenos e nenas de 3 a 9 anos. Propostas temátizadas ao aire libre para que a infancia se beneficie de todas as vantaxes do contacto coa natureza.
Mapas, compás, lupas e botes para bichos veñen nas mochilas das rutas nos Campamentos Nenea, nos que tamén creamos obras de arte con materiais naturais, aprendemos cancións, contos e xogos cooperativos e gozamos da posibilidade de xogar ao aire libre.


Fin de semana en familia
Neneando en familia
Un sábado ao mes no que as familias poden compartir coas crianzas momentos de creatividade, de experimentación e de xogo en plena natureza.
Un ambiente de tranquilidade e seguridade no que xogamos, cantamos e facemos obradoiros que permiten reparar na beleza das pequenas cousas, sempre acompañando dende o respecto e lonxe das présas.
actividades extraescolares na escola
Neneando na túa escola
Actividades en centros educativos como proposta extraescolar, para aqueles centros que o soliciten. Obradoiros e actividades propias da educación na natureza: bricolaxe con materiais naturais, land art, xogo e movemento, horta… para levar a natureza a todos os centros.


actividades extraescolares en nenea
Visitas escolares a Nenea
Visitas escolares, excursións ou xornadas de un día en plena natureza, para grupos escolares completos que quieran gozar da experiencia Nenea.
Estas propostas se programan co equipo de cada centro atendendo ás necesidades e intereses das crianzas e tamén tendo en conta a idade, o número de peques, a estación do ano, para que sexa unha experiencia o máis enriquecedora e personalizada posible.
Queres saber máis sobre o proxecto?
Chámanos ou escríbenos para concertar una cita e ven coñecernos