Nenea, unha "Escola na Natureza" nun espazo privilexiado
A asociación educativa Nenea nace no ano 2014, convertíndose no primeiro proxecto educativo destas características en Galicia, a primeira “Escola na Natureza” ou “Bosquescola”, que abre as súas portas no 2015 grazas á Concellería de Medio Rural do Concello de Lugo.
Na Antiga Escola Unitaria de San Xoán do Alto, ubicada nun lugar privilexiado, en pleno bosque da reserva da biosfera Terras do Miño, a só 6 km do centro de Lugo, Nenea atopou un espacio ideal que ofrece con xenerosidade o necesario para medrar creando.
cREATIVIDADE
AUTOCONFIANZA
AUTONOMÍA
PENSAMENTO CRÍTICO
CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL
DESENVOLVEMENTO FÍSICO E DOS SENTIDOS

DE 3 A 6 ANOS
Con posibilidade de ampliar a dous anos e medio valorando cada caso en concreto.

horario ampliado
Horario de 9 a 15 h
con servizo matinal e de horario ampliado.

SERVICIO DE COMEDOR
Servicio de comedor de alta calidade, con comida ecolóxica e de proximidade, promovendo unha alimentación sá e sostible.

GRUPOS HETEROXÉNEOS
Nenas e nenos con idades mesturadas, con tres educadoras e ratio reducida.

ESCOLA nA NATUREZA
Un día en Nenea
En Nenea, cada día é moi variado, as nosas accións son diferentes porque nos adaptamos ás características do grupo e ao que nos ofrece a vida. A natureza é o lugar onde pasamos a maior parte da xornada, o noso bosque é o escenario onde transcorren as aventuras dos nenos e nenas que forman parte del.
A Natureza é a nosa aula sen paredes nin teito que nos regala, cada día, posibilidades infinitas.
Ademais desta capacidade de adaptación, en Nenea temos unha estrutura que nos sustén, algúns aspectos fundamentais que temos en conta:

Cal é o enfoque educativo da Escola na Natureza Nenea?
O noso proxecto pedagóxico desenvólvese tendo en conta un enfoque curricular transversal que conecta as diferentes áreas do currículo oficial de Educación Infantil cumprindo coas esixencias requiridas para esta etapa e o seu desenvolvemento. A mirada curricular das persoas que acompañamos xunto coa curiosidade e interese innato da infancia xeran proxectos de aprendizaxe que imos desenvolvendo de maneira vivencial en plena natureza.
O benestar físico e emocional das crianzas na aprendizaxe na natureza
Para o desenvolvemento holístico dunha crianza, o fundamental que temos que coidar é o seu benestar, comprendendo este dun xeito integral. Para isto en Nenea tecemos unha rede de coidados que son o núcleo central do noso día a día.


O periodo de vinculación e a relación coas familias
Este periodo que se inicia cando unha crianza comeza a súa andaina en Nenea consiste na creación de vínculos coas educadoras, co espazo natural, co grupo, e é un proceso no que participa toda a familia. Para iso a comunicación para deseñar conxuntamente este proceso resulta unha das claves fundamentáis do éxito nesta nova aprendizaxe.
E se a climatoloxía non permite estar en exterior?
Temos un espazo axeitado para pasar aqueles días que a climatoloxía é moi adversa ou que o benestar do grupo precisa entrar. Unha aula con paredes e teito que nos facilita moito o desenvolvemento do día a día no bosque.


Deben de levar unha vestimenta especial?
Como di o refrán nórdico “Non hai mal tempo, senón mal equipamento” en Nenea temos xa moita experiencia neste aspecto, e asesoramos ás familias para coñecer o mellor xeito de vestir ás crianzas en cada momento. Ademáis temos alianzas con comercios especializados que nos facilitan moito as cousas.

Que é unha Escola na Natureza?
Espazo de aprendizaxe vivencial na que nenos e nenas pasan a maior parte da xornada en contacto regular, permanente e directo coa natureza silvestre. Así as define a Asociación Nacional de Educación na Natureza EdNa.
Nas escolas na natureza tamén coñecidas como escolas bosque ou bosqueescolas as actividades educativas desenvólvense ao aire libre, aproveitando os recursos e a contorna natural como parte fundamental do currículo. A través da exploración do bosque e a interacción co medio ambiente, os nenos e nenas desenvolven habilidades sociais, emocionais e cognitivas de forma autónoma e lúdica.
A metodoloxía de Nenea segue a liña marcada polas escolas na natureza e ten como obxectivo conseguir unha educación integrada no medio que permita aos nenos desenvolverse de forma consciente e mellorar a súa autoconfianza.
Queres saber máis sobre o proxecto?
Chámanos ou escríbenos para concertar una cita e ven coñecernos
