Matrícula

A matrícula para o curso 2022-23 está aberta.

Se tes interese no noso proxecto, se te chama a atención, se queres saber máis…

Chámanos ao 623 06 40 50 ou escríbenos a info@nenea.es e buscaremos unha data para que poidades vir coñecernos, falaremos, veredes os espazos e responderemos a todas as vosas preguntas.

Se encaixamos e vos decidides polo noso proxecto, poñeremos unha segunda entrevista na que tomaremos os datos do voso fillo ou da vosa filla e falaremos do período de incorporación.

Nesta ocasión xa vos daremos todos os documentos necesarios para comezar o curso connosco.

E isto é todo.

Estaremos encantadas de darvos a benvida á familia Nenea!

 

matricula_aberta